O EMIGRANTE

Os dirixentes deste Concello, non se esquecen daquelas persoas que un día se marcharon da súa terra, en busca dun benestar, ou simplemente co fin de poder sobrevivir.

 Por iso, queremos pór á súa disposición este Portal Web, coa intención de que lles poida dar solución a algunha das situacións que se lle poidan plantear.

En principio, as opcións que pomos á súa disposición son as de facilitarlles o poder adquirir, vía Internet, certificacións de: matrimonio, nacemento, defunción de familiares; así como a posibilidade de poder localizar familiares, ou calquera outra información que poida estar en poder deste Concello.

Asimismo, facilitamos información a través deste Portal Web, de todas aquelas disposicións que sexan do seu interese, aínda que veñan doutras administracións, coma do Estado Español ou da Xunta de Galiza. Informaráselles puntualmente dos procesos electorais e dos trámites a seguir para emitir o seu voto.

Para poder realizar solicitudes de certificacións, é necesario rexistrarse antes como usuario deste portal, posto que teñen que ser emitidas polo Xulgado de Paz, o que significa que a persoa que os solicita, ten que estar debidamente acreditada.

Se a solicitude ven acompañada de certificación dixital, enviaráselles mediante E-Mail, os datos necesarios para se facer usuario. En caso contrario, remitiráselle por correo certificado.

Galería