Interactuando no Tempo Libre 2016

O obxectivo último é o de crear un espazo de reflexión e debate acerca da importancia da educación non formal como acción educativa e transformadora no eido do tempo libre, a través dunha metodoloxía activa e participativa.

As xornadas desenvolveranse no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo), entre os días 6 e 8 de maio, e están abertas a calquera persoa relacionada co ámbito do tempo libre.

O prazo de inscrición permanecerá aberto até o 20 de abril. O prazo para que as persoas inscritas que estean interesadas en participar no panel nos envíen por email a descrición da súa experiencia remata o 25 de abril.

A inscrición e participación non ten custo, e inclúe o aloxamento e manutención na instalacións do Albergue Xuvenil de Gandarío dende a cea do venres ata o almorzo do domingo. O xantar do domingo é opcional para quen o solicite.

Consulta aquí mais información sobre o Interactuando 2016
http://xuventude.xunta.es/…/interactuando-no-tempo-libre-20…