INICIATIVA XOVE 2012

XUVENTUDE  DESENVOLVE EN TODAS AS COMARCAS DE GALICIA UN FORO EXPLICATIVO PARA ACHEGAR A MOCIDADE GALEGA O PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO “INICIATIVA XOVE”

A Consellería de Traballo e Benestar desenvolverá ao longo do mes de xaneiro 25 encontros informativos nas comarcas e nos campus universitarios para achegar á mocidade galega o programa de emprendemento ‘Iniciativa Xove’.

 

Estos encontros teñen como obxectivo achegar á mocidade emprendedora no tecido asociativo xuvenil a información precisa para fomentar e promover actividades de aprendizaxe non formal que lles permita desenvolver as súas capacidades, talento  e espírito emprendedor involucrándose na posta en marcha dos seus propios proxectos con ‘Iniciativa Xove 2012’.

Os destinatarios dos encontros son os mozos e mozas menores de 30 anos, concelleiros de xuventude ou con competencias na materia, técnicos de xuventude ou cultura, membros de asociacións xuvenís ou colectivos de mozos e mozas que poidan conformarse nun grupo informal.

 

Nestas citas, a Dirección Xeral de Xuventude levará a cada comarca un encontro informativo onde todos aqueles mozos e mozas que o desexen poderán obter tanto información como asesoramento do programa e as novidades que este ano aparecen na convocatoria das axudas.

 

Podes atopar información sobre as datas, lugares e horarios dos foros en http://xuventude.xunta.es/201112305894/encontros-iniciativa-xove-2012.html

 

Os interesados do Concello de Barro poderedes ir o 28 de xaneiro ás 11:00 na Casa da Cultura de Ribadumia.