Cursos de idiomas na Unión Europea

Axudas a mozos e mozas para a realización de cursos de idiomas na Unión Europea

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convoca axudas a mozos e mozas para a realización de cursos de idiomas en calquera dos estados membros da Unión Europea.

Requisitos dos solicitantes:

a) Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.

b) Residir en Galicia.

c) Non estar matriculado no curso académico 2008/2009 en ningún centro universitario.

O curso terá, polo menos, tres semanas de duración, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais entre o 1 de xuño e o 30 de outubro do ano 2009.

A contía ascenderá a 1.400 euros para o curso de tres semanas, 1.650 euros para o curso de catro semanas e 1.800 euros para o curso de cinco semanas ou máis.

Prazo: estará aberto ata o 12 de marzo de 2009.

Máis información no DOG do 11 de febreiro de 2009