Cooperativismo

CONSELLO GALEGO DE COOPERATIVAS:

http://www.cooperativasdegalicia.coop/

Esta ferramenta de xestión integrada pretende actuar como punto de encontro entre estas entidades, proporcionando información sobre o cooperativismo e fomentando o intercambio de experiencias. Entre os seus servizos específicos destacan a Plataforma de Teleformación do cooperativismo e de apoio ás actividades formativas, o centro de documentación e biblioteca, un servizo de novas, o servizo de información cooperativa que inclúe o mapa cooperativo e o servizo de consultoría, o servizo de emprego cooperativo para a xestión do autoemprego cooperativo, o servizo de asesoría cooperativa, o repositorio de documentos, o portal de recursos educativos, o observatorio cooperativo, o repositorio de documentos, o portal de intercooperación de produtos e servizos das cooperativas de Galicia e o portal Cooperativízate adicado a Escola Cooperativa Móbil.

 

EUSUMO

http://www.eusumo.coop/

É unha rede impulsada pola Consellería de Traballo e Benestar para o fomento do cooperativismo e a economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor no ámbito local, comarcal e transfronteirizo prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social, no territorio de actuación. A Rede Eusumo créase para promover este modelo empresarial en todo o territorio de Galicia, impulsando o seu desenvolvemento no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego colectivo.