CONVOCATORIA DE BOLSAS DE COMEDOR DO SERVIZO UNIVERSITARIO DE RESIDENCIAS (SUR)

Prazo de solicitude: deberá solicitar esta bolsa ao longo do mes seguinte ao ingreso da axuda de residencia concedida polo Ministerio e como prazo máximo ata o 30 de setembro de 2012.

Requisitos: Poderá acceder a estas bolsas o estudantado matriculado na USC no curso académico 2011/2012 que cumpra os seguintes requisitos:

1. Estar aloxado no Servizo Universitario de Residencias (SUR) da USC durante todo o curso
2011/2012.
2. Ser bolseiro/a no curso 2011/2012 da convocatoria de bolsas de carácter xeral e de mobilidade do
Ministerio que ten a competencia nesa materia, co compoñente de residencia.
3. Que a Renda Persoal Dispoñible (RPD) do solicitante no exercicio do ano 2010 e que serviu de base
para a adxudicación da cota correspondente no curso 2011-2012 sexa inferior a 9.000,00 €.
4. Ter aboado á Universidade de Santiago de Compostela en concepto de aloxamento no SUR
2.556,00€, que é o importe do compoñente de residencia das bolsas de carácter xeral e de mobilidade
do Ministerio de Educación para o curso académico 2011-2012.

Información e modelo de solicitude na web:

http://www.usc.es/gl/servizos/sur/convocatorias_comedor.html