Capela de S. Antoniño (Finca da Capela)

O 2 de setembro de 2004 a empresa "A Parda San Mauro, S.L." de Pontevedra adquiriu as parcelas B e C da Finca da Capela, polo prezo de 268.000,00 euros, IVE incluido.

O Pleno en sesión celebrada o 19 de xaneiro de 2005 adxudicalle á sociedade "A Parda San Mauro, S.L." a parcelas "D" do predio da Capela en Santo Antoniño Perdecanai, no prezo de 182.000,00 euros (cento oitenta e dous mil euros), IVE incluido.

A empresa Vivendas Caseias S.L. adquiriu o 90% restante da Finca da Capela, promovendo o Plan Parcial SU-R-2 e mediante acordo do Pleno de data 19 de xaneiro de 2005 asina un convenio urbanístico polo que pasa a propiedade do Concello todo o terreo comprendido entre a Estrada N-550 e o edificio do Pazo, o Pazo e a Capela.

En sesión Plenaria de data 21 de abril de 2005 acordou adxudicar a D. Ramón Raimundo López Bertolo a parcela "A" do predio da Capela en Santo Antoniño-Perdecanai, de 1990 m2 no prezo de CENTO CINCOENTA E TRES MIL TRESCENTOS DEZAOITO EUROS 153.318,00 euros, IVE incluido. 

En canto a Capela de San Marco decir que este Concello tomou posesión dela o  16 de maio  de 2005, limpándose e preparándose  o terreo para a celebración da tradicional misa da Festa do Viño.