Bases do concurso Reciclarte

O concurso consistirá en realizar unha obra de arte, construcción imaxinativa libre con materiais reciclados (que tiramos o lixo), individualmente ou por equipos.

PARTICIPANTES.
1. Poderán participar persoas que se atopen dentro das idades sinaladas nas diferentes categorías .

OBRAS.
2. Cada persoa poderá participar cunha soa obra realizada en calquera tipo de técnica ou soporte. As obras deben ser inéditas e non poden ter sido presentadas a ningún outro concurso nin ter sido expostas en ningún caso.

PRESENTACIÓN.
3. As/os artistas deben instalar antes das 14.00 horas do día 14 de outubro de 2008 as súas obras (co nome artístico ou pseudónimo), acompañando coa entrega no rexistro do Concello de Barro da seguinte documentación:

  • Nome artístico ou pseudómino, categoría na que participa e o nome do concurso “Reciclarte 08” (escrito por fora do sobre)
  • Fotocopia do DNI.
  • Enderezo postal, correo electrónico e teléfonos de contacto.
  • Ficha técnica completa da obra (título, data, técnica e medidas)
  • Texto explicativo da obra non superior ás 15 liñas.
Envío de documentación:
Rexistro do Concello de Barro
Santo Antoniño Perdecanai s/n
36194 Barro Pontevedra.

Non se aceptará documentación recibida con posterioridade á data indicada.

SELECCIÓN.
4. Unha vez recibida a documentación, e instaladas as obras o xurado fará a selección a partir do día 17 de outubro de 2008.



CONDICIÓNS.
5. Os gastos de embalaxe e transporte das obras, para a ida e para a volta, correrán a cargo do/a artista, que as poderá enviar por calquera medio de transporte ou presentándose persoalmente a depositalas na Biblioteca Pública do Concello de Barro.
As obras participantes recibiranse na Biblioteca Pública do Concello de Barro, Santo Antoniño Perdecanai no 12, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.30.
O Concello de Barro non se fará responsábel -unha vez finalizada a exposición e en data previamente acordada- da conservación das obras non retiradas.

6. En ningún caso se aceptarán obras en mal estado ou que non ofrezan todos os elementos necesarios para a súa correcta exposición.

7 . As obras seleccionadas serán obxecto dunha exposición que se inaugurará na segunda quincena do mes de outubro e rematará no mes de decembro de 2008.

XURADO.
8. O xurado estará composto por:
  • O Alcalde de Barro ou a concelloiro/a en quen delegue, que actuará como presidente.
  • Dous expertos en Belas Artes
  • Un representante dos Concellos de Poio, Pontecaldelas, Vilaboa e do ADR.
  • A Informadora Xuvenil, que actuará como secretaria/o deste xurado.
O Concello de Barro resérvase o dereito de substituír calquera dos membros do xurado en caso de que algún deles non poida asistir ás deliberacións.
A resolución final do xurado farase pública no acto inaugural da exposición

PREMIOS
9. Os premios serán os seguintes:
  • Infantil (pequeno agasallo para os participantes)
  • 1o ciclo de primaria: cheque regalo(material lúdico didáctico)
  • 2o ciclo de primaria: cheque regalo(material lúdico didáctico)
  • 3o ciclo de primaria: cheque regalo(material lúdico didáctico)
  • 1o ciclo de secundaria: cheque regalo(material lúdico didáctico)
  • 2o ciclo de secundaria: cheque regalo(material lúdico didáctico)
  • Adultos (de 16 anos en diante): un premio de 300 €
  • Mención á orixinalidade
  • Mención o aproveitamento dos materiais reciclados

10. A decisión do xurado será tomada por maioría absoluta e é inapelábel.

11. Os/as artistas seleccionados/as autorizarán a que se cite o seu nome, sexa exporta a súa obra, así como a reprodución gráfica para calquera tipo de difusión ou publicación que o Concello de Barro considere oportuno facer dela.

12 . A participación neste certame implica a total aceptación das súas bases e a conformidade coa decisión do xurado.
A organización resérvase o dereito de facer modificacións ou tomar iniciativas non reguladas nestas bases, sempre que supoñan melloras que afecten directamente ao éxito do certame. A interpretación das bases é cometido exclusivo dos membros do xurado.

Máis información no teléfono 986 714806, na web www.barro.es ou no seguinte enderezo electrónico: omix@barro.es

Galería

Adxuntos