bando axudas básicas de emerxencia social 2018

bando axudas emerxencia

AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA SOCIAL

 

A Deputación Provincial de Pontevedra publicou no BOPPO do 2 de abril de 2018, a aprobación das bases das axudas básicas de emerxencia para o ano 2018.

                TIPOLOXÍA DE AXUDAS:

  1. Alimentación: alimentos perecedeiros, para bebés ou persoas con dietas especiais prescritas por un facultativo (celíacos, diabéticos, etc.)
  2. Uso da vivenda: axudas para o pago de débedas de alugueiro que impidan o desafiuzamento, axudas para o pago de hipoteca, con carácter excepcional, axudas para acondicionamento.
  3. Pagamento de recibos: Evitar a perda de subministracións básicas da vivenda (recibo de electricidade, gas ou auga).
  4. Pagamento de produtos de hixiene e limpeza.
  5. Pagamento de produtos farmacéuticos.
  6. Adquisición de electrodomésticos básicos.
  7. Pagamento de desprazamentos a recursos asistenciais ou sanitarios fóra do propio concello cando sexan debidos a tratamentos, xestións ou actividades.
  8. Pagamento de lentes e audífonos (facturas 2018).
  9. Pagamentos de gastos de tratamentos de odontoloxía.
  10. Pagamento de produtos de apoio.
  11. Axudas de apoio á infancia.

 

As solicitudes tramitaranse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Barro ata o 30/11/2018.