A XUNTA DE GOBERNO

O R.D. 2568/1986 de 28 de novembro (ROF), atribúelle as seguentes competencias:

"Artígo 52. 
1. A Comisión de Goberno está integrada polo Alcalde, que a preside, e Concellais nomeados libremente por él como membros da mesma.
2. O número de Concellais ós que o Alcalde pode nomear membros da Comisión de Goberno, non poderá ser superior ó tercio do número legal de membros da Corporación. Ós efectos do cómputo non se terán en conta os decimais que resulten de dividir por tres o número total de Concellais.
3. O Alcalde pode cesar libremente, en todo momento, a cualesqueira membros da Comisión de Goberno.
4. Os nomeamentos e ceses serán adoptados coas formalidades prescritas no número primeiro do artigo 46 de este Regulamento.
5. Poderán ser obxeto dunha soa Resolución do Alcalde, o nomeamento como membro da Comisión de Goberno e a delegación de atribucións a que se refire o artigo 43 deste Regulamento. 

Artígo 53.
     1. É atribución propia e indelegable da Comisión de Gobemo a asistencia permanente ó Alcalde no exercicio das súas atribucións. A tal fin, a Comisión de Goberno será informada de tódalas decisións do Alcalde. Esta información terá carácter previo á adopción da decisión sempre que a importancia do asunto así o requira.
2. Asimesmo, a Comisión de Goberno exercerá as atribucións que lle deleguen, en virtude do disposto nos artigos 43 e 51, o Alcalde ou o Pleno, así como aquelas atribucións que expresamente lle asignen las leis.
3. O réxime das delegacións do Alcalde e do Pleno, na Comisión de Gobierno, rexirse polo disposto nos artigos 43, 44 e 51 deste Regulamento."