Publicacións

Manuel Castro Gago (1947)

Lugar de nacemento: PorránsProfesión: Médico, profesor e investigadorBiografía: Estudou Medicina en Santiago de Compostela, obtendo o premio extraordinario de licenciatura. No ano 1974 obtén o título de especialista en Pediatría e Puericultura e en 1981 o de especialista en Neuroloxía.Comeza a traballar no Departamento do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela como médico adxunto pasando en 1979 a Xefe de Sección e en 1988 a Xefe do Servizo de Lactantes, cargo que desenvolve na actualidade. Asemade, é Catedrático de Pedriatría na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela.A labor de investigación de Manuel Castro Gago ocúpase fundamentalmente de aspectos relacionados con criterios diagnósticos e terapéuticos da hidrocefalia infantil e doutros procesos neurolóxicos.Pola súa actividade investigadora fóronlle concedidos numerosos premios Obras principais: Tratamiento de las enfermedades neurológicas en niños y adolescentes.

Angel María José Amor Ruibal

(Na Galipedia, a enciclopedia libre en galego.)Įngel María José Amor Ruibal foi un destacado pensador galego nado o 11 de marzo de 1869 e morto o 4 de novembro de 1930 que, a pesares das múltiplas preocupacións e unha precaria saúde, logrou unha estensa produción apoiada na sśa enorme erudición novecentista, abranguendo a lingüística, a historia, a canonística teórica e práctica, a teoloxía e sobre todo a filosofía. Contando cunha prodixiosa memoria, a súa tenacidade superou a dificultade que existía no afastamento de Santiago respecto dos centros culturais e do ambiente cultural en xeral (sobre todo para a xente que rodeaba a Amor Ruibal. VidaA pesares dos seus éxitos posteriores, non comezou os estudos con bo pé: suspenso no acceso ó Seminario en xuño e setembro de 1879 e na convocatoria extraordinaria de setembro de 1880, probablemente non se deban en realidade á ignorancia, senón ó desacordo co ambiente intelectual romano e ós ataques contra o cardeal Billot, pa...