Publicacións

día mundial sen tabaco 2019

DIA MUNDIAL SEN TABACO 2019

MANIFESTO DIA MÚNDIAL SEN TABACO 2019 O 31 de maio de cada ano a Organización Mundial da Saúde (OMS) celebra o día Mundial sen Tabaco co fin de poñer de relieve os riscos asociados ó tabaquismo, tanto para a saúde como noutros ámbitos, e avogar por políticas eficaces para reducir o seu consumo, sobre todo entre os /as mozos/as. O lema do Día Mundial Sen Tabaco deste ano 2019 é “O tabaco e a saúde pulmonar”, a campaña pretende concienciar á poboación sobre as consecuencias negativas que o tabaco ten para a saúde pulmonar das persoas (cancro, enfermidades respiratorias crónicas, etc.), e a importancia dos pulmóns na nosa saúde e benestar. De igual xeito, quérese facer un chamamento sobre as posibles medidas e accións que os gobernos e a poboación en xeral podemos adoptar para reducir os riscos causados polo tabaco na n...

espazos lecer 2019

ESPAZOS DE LECER 2019

"ESPAZOS DE LECER 2019". Este verán o Concello de Barro voltará a organizar un espazo de lecer para nenos e nenas nados entre o 2007 e o 2015. O prazo de inscripción será do 23 de maio ao 13 de xuño (ambos inclusive) nas oficinas dos Servizos Sociais do Concello de Barro.

dia atencion temprana

Día da ATENCIÓN TEMPERÁ

Día da Atención Temperá. 15 de abril de 2019. Familias e profesionais unidos pola atención temperá.

Entroido 2019

FESTIVAL ENTROIDO BARRO 2019

FESTIVAL DE ENTROIDO "BARRO 2019" "BASES DO CONCURSO DESFILE DE DISFRACES INFANTIL E ADULTOS DO ENTROIDO 2019".  Bases para os Concursos-Desfiles de disfraces que se celebrarán o día 09 de marzo de 2019 no Pavillón Municipal do Concello de Barro.

plan emprego 2019

CONTRATACIÓN PLAN EMPREGO 2019

NOTA INFORMATIVA         Dentro do Plan de Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais que a Deputación de Pontevedra ten aprobado para o exercicio 2019, o Concello de Barro solicitou a contratación de varios/as traballadores/as nas seguintes categorías: -CONDUCTOR CAMIÓN, EN XERAL -PEÓN DE TRANSPORTE, EN XERAL -AXUDANTE ALBANEL -MONITOR/A SOCIOCULTURAL         As contratacións faranse de forma escalonada ao longo do ano e os contratos terán unha duración mínima de seis meses cunha xornada laboral de 35 h/semanais e serán cofinanciadas pola Deputación de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos 2019.