Actualidade

Mostrar todos

O mercadillo de Barro será xestionado polo Concello dende o 2 de abril

Dende o domingo 2 de abril o mercadillo que se celebra en Barro será xestionado directamente polo Concello, unha vez que no mes de marzo se remata o contrato dos xestores actuais. As solicitudes de autorización para a venda no mercadillo poderá presentarse a partir do 27 de febreiro nas oficinas municipais, aportando toda a documentación necesaria esixidos pola normativa reguladora da venda ambulante da Xunta de Galicia e a ordenanza municipal correspondente. Os vendedores que se veñen instalando de forma habitual no mercadillo poden solicitar a reserva do espazo que viñan utilizando ata o 6 de marzo, e os espazos que queden libres serán adxudicados. Unha vez aceptada a solicitude, e feito o ingreso da taxa municipal (2 euros por metro lineal), o Concello entregará unha tarxeta identificativa do posto que deberá estar exposta nun sitio visible. .

Festival Entroido 2017

Festival de Entroido o día 4 de marzo no Pabillón Municipal coa final da Corrida do Galo e os bailes infantil e de adultos.

Corrida do Galo

Fases clasificatorias da Corrida do Galo o domingo 26 de febreiro ás 17:30 h. en todas as parroquias. A final celebrarase o sábado 4 de marzo ás 18:00 h. diante do Pabillón Municipal.

Entroido 2017

Programación de Entroido do ano 2017 do Concello de Barro

Baile Entroido Peñaflor 2017

Baile de Entroido no Centro Cívico o domingo 26 a partir das 19:00 h. Organizado polo Concello de Barro e a asociación Peñaflor.

O tempo en Barro

Hoxe Martes

Mañá
Tarde
Noite

Min:
Max:16º
Mércores
11º/19º
Xoves
12º/18º