Un espazo natural ÚNICO Un espazo natural ÚNICO SlideSlideSlideSlide

ACTUALIDADE

Salomé Cancela será a pregoeira da XLVI Festa do Viño de Barro

O Concello de Barro anuncia con orgullo que Salomé Cancela Romero será a encargada de pronunciar o pregón da XLVI edición da Festa do Viño, que se celebrará no mes
Ler máis

Programa “+BENESTAR” 2025 – Deputación de Pontevedra.

A Excma. Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Barro organiza un Programa orientado a mellorar a calidade de vida e envellecemento activo. No Programa ofrécese unha estancia de
Ler máis

Día das Letras Galegas 2025 Este 17 de maio celebramos a nosa lingua e a nosa identidade homenaxeando a poseía popular oral e as cantareiras, mulleres que conservaron e transmitiron
Ler máis

Merecémonos

UN ALTO NO CAMIÑO

 

 

O Corvo de Coralia é a figura central sobre a que xira o Entroido de Barro. O Corvo de Coralia é un personaxe inspirado nun corvo real que habitou Barro a mediados do século XX e que tiña o don da palabra.

O corvo sabía falar porque lle ensinara a súa dona Coralia e este aproveitaba ese don para burlarse das galiñas. Imitando a Coralia, subía encima dun alto e chamaba polas pitas de igual maneira que Coralia as chamaba para lles dar de comer: “churras, churras, churras” e estas, pensando que era a súa dona para lles dar o almorzo acudían á cita, mais ao chegar reparaban en que quen as esperaba era o corvo e que non lles tiña nada que ofrecer e entón o corvo dedicáballe unha gargallada: “ha, ha, ha”.

Ese espírito burlón do corvo quixo recuperalo o concello de Barro e usalo como imaxe do Entroido local.